ENTRAR ÁREA PRIVADA

NOTICIAS Y ACTUALIDAD

//: noticias / noticias

Noticias y actualidad relacionada con Citexvi y su entorno

Vigo, primeira universidade española autorizada a realizar voos con drones en espazo aéreo controlado

Vigo acaba de converterse na primeira universidade española autorizada a realizar voos con drones en espazo aéreo controlado. Así o acredita o permiso recibido da Agencia Estatal de Seguridad Aérea-AESA, dependente do Ministerio de Fomento, un certificado co que ata agora tan só contan oito empresas privadas.


Un obradoiro forma a profesionais e futuros profesionais na aplicación da xustiza terapéutica

A xustiza terapéutica sostén que o dereito e a súa aplicación ten capacidade para potenciar o benestar das persoas implicadas nun procedemento, instando a resolver non só o problema do conflito senón tamén a causa que o motivou. Para fomentar o coñecemento e uso deste modelo por parte de profesionais e futuros profesionais, o campus acolle a celebración do obradoiro Xustiza terapéutica. Prácticas restaurativas.


De Ciencias Sociais e da Comunicación a 'Xogo de Tronos'

Os moitos camiños profesionais percorridos polas tituladas e titulados da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación foron os protagonistas da 'semana grande' coa que o centro conmemoraba nestes días os seus 25 anos.


Os premios Incuvi-Emprende regresan para fomentar o espírito emprendedor do alumnado e persoas tituladas 

Un programa de preincubación dun ano de duración para os mellores proxectos emprendedores é o galardón que recibirán as e os gañadores da 8ª edición do premios Incuvi-Emprende da Universidade de Vigo.


O campus acolle un curso de iniciación á ornitoloxía

Desde finais do mes de setembro e ata mediados de decembro, o campus de Ourense acolle a celebración dun Curso de iniciación á ornitoloxía en Ourense ofrecido pola Sociedade Galega de Historia Natural en Ourense coa colaboración da Facultade de Ciencias e do Ateneo. A actividade permite a máis dunha vintena de persoas introducirse na teoría e na práctica do coñecemento das aves.


Os problemas de costas centran a actividade do servizo de Fisioterapia do campus

Tratar diferentes patoloxías e lesións, realizar unha avaliación do estado físico ou unha consulta dietética sen saír do campus son algunhas das posibilidades que ofrecen á comunidade universitaria as unidades de Fisioterapia e Medicina Deportiva impulsadas pola Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade.


A Unidade de Igualdade lanza a campaña 'Camiño Segura'

Coincidindo coa celebración do Día Internacional da Nena e baixo o lema xeral A Igualdade está de festa, a Unidade de Igualdade lanzou este venres unha nova campaña comunicativa "con ton desenfadado, próximo e actual".

 


A American Ceramic Society premia o grupo LaserON polo desenvolvemento de protectores solares a partir de espiñas de peixe tratadas con láser 

A American Ceramic Society outorgou ao Grupo de Aplicacións dos Láseres (LaserON) da Universidade de Vigo o premio á mellor investigación, Best paper award, polo seu traballo centrado no desenvolvemento de protectores solares a partir de espiñas de peixe tratadas con láser.


Unhas xornadas reivindicarán no campus o papel da comunicación na loita contra a violencia machista

Dar a coñecer a importancia do audiovisual nos procesos de socialización e transmisión de valores, analizar as dinámicas a través das que se constrúe o sexismo e pór sobre a mesa respostas profesionais que contribúan a garantir a protección dos dereitos das mulleres son os obxectivos centrais das xornadas que o 24 de outubro se desenvolverán en CCSS e da Comunicación.


Seis obras, cinco días de representacións e unha edición "de supervivencia"

Seis obras de teatro, cinco días de representacións e unha edición "de supervivencia". Así se presentou este xoves no Teatro Principal de Ourense o 12º Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO). O certame volve á programación cultural da cidade do 23 ao 27 de outubro contando nesta ocasión co apoio económico do campus de Ourense, da Deputación e de Agadic.


Fuente: DUVI