ENTRAR ÁREA PRIVADA

NOTICIAS Y ACTUALIDAD

//: noticias / noticias

Noticias y actualidad relacionada con Citexvi y su entorno

A mitoloxía galega relacionada coa auga, unha fonte de recursos educativos

Indagar sobre a riqueza da cultura oral que fai alusión á auga e no tratamento que se fai en educación deste patrimonio simbólico co obxectivo último de contribuír á supervivencia desta tradición. Este foi o obxectivo que se propuxo o egresado de Educación Primaria Rafael Adalid na súa tese de doutoramento, dirixida polo profesor Xosé Manuel Cid e presentada este ano na Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense baixo o título A mitoloxía galega relacionada coa auga. Análise de contido e aproveitamento como recurso en educación.


A demanda de madeira de piñeiro experimentará un crecemento sostido vinculado á construción

O mercado da madeira serrada de árbores da familia das coníferas, como o piñeiro, experimentará nas próximas décadas un "crecemento sostido", derivado principalmente da demanda deste recurso por parte do sector da construción. Esta é a principal conclusión do informe que o director da Escola de Enxeñaría Forestal, Juan Picos, realizou no marco dos traballos do grupo operativo Genmac.


Con máis de 3800 matriculados a Universidade de Vigo acada os mellores rexistros de novo ingreso dos últimos 15 anos 

Cómpre retroceder 15 anos para atopar uns datos de novo ingreso en titulacións de grao na Universidade de Vigo que superen a cifra de 3804 matriculados que a día de hoxe se rexistra neste curso 2020-202


O Green Campus preséntase nun foro internacional sobre universidades sustentables

O papel das universidades na promoción da sustentabilidade foi un dos eixos temáticos da XXVI asemblea xeral do Grupo Compostela de Universidades, para o que unha das experiencias seleccionadas foi a do programa Green Campus do campus pontevedrés.


O acto de apertura de curso das universidades galegas celebrarase este venres en Vigo

A Universidade de Vigo acollerá este venres o acto oficial da apertura do curso académico 2020/2021 das universidades galegas. O acto, que poderá seguirse en directo a través de UVigoTV, estará presidido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.


O uso terapéutico ou preventivo do cannabis fronte á covid-19 non ten xustificación científica

Non hai ningunha xustificación científica para o uso do cannabis en ningún dos síntomas ou complicacións producidos polo virus SARS-CoV-2 (covid-19), nin moito menos para a súa prevención". Esta é principal conclusión dun artigo feito polo Grupo Ibero Ciência, do que forma parte o profesor da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense Manuel Isorna, no que, a través dunha revisión bibliográfica na materia, expoñen "a falta de evidencias científicas" que hai detrás das novas falsas nas que se asocian propiedades presuntamente terapéuticas ou preventivas do cannabis coa covid-19.


Un estudo constata que o nivel de coñecemento da teoría evolutiva entre o alumnado universitario é moi baixo

Ao alumnado universitario presupónselle certo nivel de coñecemento e aceptación da teoría evolutiva. Pero un estudo nacional, coordinado polo profesor da UVigo Emilio Rolán, acaba de constatar que non sempre é así. Tras avaliar estudantes de terceiro curso dos graos de Bioloxía, Química, Historia e Filoloxía Inglesa de dez universidades españolas, os expertos sosteñen que, mentres o nivel de aceptación é alto, "o nivel de coñecemento é moi baixo".


O campus busca novos e novas galegofalantes

Potenciar o uso do galego entre o alumnado do campus pontevedrés é o obxectivo central do programa Falamos, impulsado pola Universidade de Vigo e o Concello de Pontevedra, que desde este martes busca darse a coñecer entre a comunidade universitaria nos postos informativos que se irán instalando diante dos diferentes centros.


Nacen os premios GirlGeekCovid para incentivar, apoiar e fomentar os estudos STEM entre as mulleres

Segundo o Observatorio da Igualdade da UVigo publicado este mes, as alumnas son maioría en todos os eidos do coñecemento, excepto no da enxeñaría e a arquitectura, no que representan tan só o 23% do total de estudantes matriculados. Para facer fronte a esta situación e fomentar a presenza de mulleres no eido científico e tecnolóxico nacen os Premios GirlGeekCovid, que se enmarcan na Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo.


Un seminario afondará no potencial do vídeo para perpetuar ou combater estereotipos de xénero

"A televisión e, de forma máis recente, as plataformas dixitais téñense convertido en poderosas canles de perpetuación dos estereotipos de xénero, que relegaron á muller aos ámbitos da beleza e o doméstico mentres afirmaban o papel masculino nos deportes, a ciencia ou a política". Deste xeito presenta a profesora Cristina Varela a problemática que constitúe o punto de partida do seminario O vídeo como recurso didáctico en cuestións de xénero.


Fuente: DUVI