Noticias y actualidad relacionada con Citexvi y su entorno
Semifinalista nos Premios de la Música Independiente (MIN 2019) nas categorías Hip Hop; Mejor artista; Mejor album, Canción del año e Mejor videoclip, Hard GZ é o rapeiro galego que máis entradas vende nas salas na actualidade.
A mellora dos sistemas de climatización xeotérmica e a análise da influencia das sondaxes xeotérmicas na difusión do gas radon. Con estes dous obxectivos xerais presentouse este luns no campus de Ourense o Proxecto Geo4radon, unha iniciativa na que participan cinco empresas e que ten como investigador principal a José Fernández Seara, catedrático do Departamento de Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos da Universidade de Vigo. Nel abórdase por primeira vez a relación entre a xeotermia e o gas radon, dúas cuestións moi presentes en Galicia pola súa xeoloxía granítica.
A falta dun maior apoio institucional, da existencia dun maior número de galerías, espazos expositivos ou coleccionistas e a falta de"estratexias de promoción" constitúen, segundo Luis Sirvent, algúns dos factores que inciden en que en Galicia existan "artistas magníficos" pero "totalmente descoñecidos".
A Universidade de Vigo participou este mes en Birmingham nunha das xuntanzas de seguimento da rede europea Cost Action Nanouptake, unha iniciativa integrada por máis de 35 grupos de investigación de 25 países, entre eles dous vigueses.
Aumentar a actitude emocional das e os asistentes. Este é o obxectivo principal de nPositivo. Actitude Emocional, un obradoiro promovido pola Vicerreitoría do campus que busca traballar co alumnado aspectos como a motivación, a concentración ou a mellora da autoestima.
Esta fin de semana disputaron encontros de liga os equipos do campus que compiten en baloncesto feminino, rugby, xadrez e natación. Entre os resultados obtidos destaca como a categoría feminina de baloncesto sumou unha nova vitoria, como o segundo equipo de rugby acadou un empate e como os equipos de xadrez sumaron dous empates e unha derrota.
Unha vitoria curta fronte ao Xadrez Rianxo, permitiu ao Escola Xadrez Pontevedra-Universidade de Vigo Estratexia pola paz retornar esta fin de semana ao máis alto da clasificación da División de Honra da Liga Galega de Xadrez.
Co obxectivo de facilitar un programa de atención personalizada para a comunidade universitaria e como complemento da Unidade de Medicina Deportiva, púxose en marcha o Servizo de Fisioterapia da Universidade de Vigo.
Obter unha serie de datos que permitan analizar os efectos dunha tempada de adestramento nas e nos deportistas que practican ximnasia acrobática e, ao mesmo tempo, proporcionar ao club Flic Flac unha serie de informes e recomendacións son os dous obxectivos que conflúen na colaboración que os investigadores e investigadoras de Ciencias da Educación e do Deporte co club vigués.
Co obxectivo de promocionar estilos de vida saudables, a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo reformou e ampliou recentemente o rocódromo situado no pavillón deportivo do campus vigués na procura dun incremento de usuarias e usuarios e da consolidación da actividade da escalada entre a cidadanía.
Fuente: DUVI